Unha persoa foi trasladada ao Hospital da Costa por inhalación de fume tras rexistrase un incendio na cociña dunha vivenda en Burela. O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos preto das 14,30 horas, cando un particular alertaba dun lume na rúa da Capela.
A central de Emerxencias informou os Bombeiros de Barreiros, ao GES de Cervo, a Protección Civil da localidade e ao 061. O lume, que foi extinguido polos Bombeiros de Barreiros e os efectivos do GES de Cervo, tamén provocou danos na cociña. Concretamente, ardeu a campá extractora da estancia, por mor dunha tixola esquecida ao lume.
Uns minutos despois tiña lugar outro incendio nunha cociña dun piso, esta vez na rúa do Ulla de Santiago de Compostela. Neste caso, tamén precisou asistencia médica unha persoa por queimaduras nun brazo e que foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.