O Partido Popular insiste na súa defensa do sector pesqueiro galego no proceso de revisión do sistema de control da pesca da Unión Europea, así como dos intereses pesqueiros no contexto do Pacto Verde e a Estratexia de Biodiversidade da UE para 2030. Uns proxectos que, para os populares, “teñen puntos de vista que esquecen a dimensión social e económica da pesca”.
Precisamente, esta semana o Parlamento galego aprobou unha Proposición Non de Lei (PNL) do grupo popular que demanda ao Goberno de España que “leve a cabo as actuacións oportunas de rexeitamento a dunha nota explicativa na que a Comisión Europea pídelle aos eurodeputados que tomen partido por unha liña plenamente ambientalista”. Este partido entende que o contido “atenta contra a imaxe e traballo do sector do mar” e a de todas as persoas profesionais que traballan no mesmo.
O presidente da Comisión de Pesca e deputado mariñán, José Manuel Balseiro Orol, manifestou en declaracións á Cope, que seguirán traballando na defensa dun regulamento de control adecuado para a frota galega, especialmente a de “artes menores”, xa que “os pescadores galegos e os da Mariña, en particular”, séntense “culpabilizados sen razón”.