- Advertisement -
O subcomité clínico que asesora a Xunta na xestión da pandemia actualizou este venres a lista de concellos segundo o nivel de restricións. Así, un dos cambios acordados é que o municipio de Barreiros pase a nivel alto. A incidencia acumulada a 14 días é superior a 150 casos por cada 100.000 habitantes.
Canda A Pobra do Brollón, serán os únicos concellos lucenses con máis limitacións. Estas medidas, que entran en vigor o vindeiro luns día 12 de abril, supoñen que a hostalaría só pode servir nas terrazas con capacidade do 50%.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.