InicioCultura(VÍDEO) Sabela, favorita por primeira vez en OT

(VÍDEO) Sabela, favorita por primeira vez en OT

A cantante con raíces en Bravos foi a máis votada na gala 8 polo público do programa

Publicada o

- Advertisement -

A cantante pontesa con raíces en Bravos Sabela Ramil segue consolidándose en Operación Triunfo (OT).

Despois dun inicio dubitativo, no que chegou a estar nominada para deixar a academia de OT, Sabela estivo nas últimas tres semanas entre as tres concursantes máis votadas polo público.

Na gala 8, celebrada na noite deste mércores, deu un novo paso adiante: por primeira vez foi salvada como a concursante favorita dos telespectadores.

A vocalista galega interpretou con MaríaI want to hold your hand‘, dos Beatles.

Grazas ao apoio do público, Sabela quedou libre de calquera posibilidade de nominación.

NOMINADAS

Marta e Marilia disputaranse unha praza en Operación Triunfo na gala 9, que será o vindeiro mércores (TVE 1, 22.30).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...