InicioOccidentalCervoCervo porá en valor o seu patrimonio con sondaxes, visitas guiadas e...

Cervo porá en valor o seu patrimonio con sondaxes, visitas guiadas e conferencias

Asina un acordo de colaboración coa USC e Mariña Patrimonio que recolle a posibilidade de que estudantes universitarios fagan prácticas arqueolóxicas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo, a Asociación Mariña Patrimonio e a Universidade de Santiago traballarán conxuntamente na posta en valor do abondoso patrimonio arqueolóxico do municipio. Así o anunciaron, o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Patrimonio, Dolores García Caramés, logo de manter unha primeira toma de contacto con responsables da asociación e investigadores da USC para definir as liñas de actuación deste convenio de colaboración para a o estudo e a difusión do patrimonio arqueolóxico do Concello de Cervo.

O proxecto, que se detallará polo miúdo en sucesivas reunións que se celebran con carácter periódico, contempla prospeccións nos diferentes xacementos, sondaxes no Castro de Rueta, visitas guiadas ao xacemento durante os labores de escavación, conferencias cos resultados finais e charlas nos centros educativos, entre outras actividades.

Ademais, tamén se prevé a incorporación de estudantes da USC en prácticas para que poidan completar a súa formación sobre terreo, da man de investigadores consolidados na materia, con recoñecida experiencia e coñecementos.

A través dun comunicado, o rexedor e a edil amosaron o compromiso do Concello para materializar o proxecto este mesmo ano, e ofreceron toda a colaboración municipal para “poder seguir avanzando na posta en valor dos abondosos recursos patrimoniais e arqueolóxicos do municipio”.

Villares e Caramés agradeceron a visita e o interese amosado polos investigadores da USC no patrimonio cervense e gabaron o extraordinario labor desenvolvido por Mariña Patrimonio “que ademais de facer de mediadores coa propia universidade, levan moitos anos realizando un traballo impagable que comparten xenerosamente con toda a veciñanza permitíndonos descubrir aspectos do noso pasado descoñecidos en gran parte; que queremos poñer en valor, dar a coñecer e preservar”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...