InicioCulturaTampouco este ano haberá Resurrection Fest

Tampouco este ano haberá Resurrection Fest

O Concello de Viveiro anuncia de forma oficial o aprazamento do festival pola Covid-19.

Publicada o

- Advertisement -

Este 2021 tampouco haberá Resurrectio Feste. O Concello de Viveiro, despois de varias conversas coa organización, anunciou oficialmente o aprazamento do festival tendo en conta a actual situación epidemiolóxica derivada da Covid-19.

É unha decisión complicada e difícil, tomada despois dunha análise pormenorizada como o ano pasado e tendo en conta numerosas cuestións, pero para o concello o primeiro é a saúde da veciñanza e superar o antes posible esta pandemia”, explicou a alcaldesa, María Loureiro.

Tras dous anos sen poder disfrutar deste gran festival, a organización vén de anunciar as datas para o vindeiro ano. O concello espera que a situación mellore nos próximos meses e que en 2022, do 29 de xuño ao 2 de xullo, poida celebrarse como máis éxito que nunca a 15ª edición do Resurrection Fest.

O Concello de Viveiro destacou a través dun comunicado a importancia do Resurrection Fest na economía de Viveiro e da comarca, “polo que somos conscientes de que este aprazamento suporá un novo prexuízo para a hostalería local, un sector especialmente afectado como consecuencia das limitacións e restricións impostas para paliar a pandemia”.  “O Concello de Viveiro apoia desde a súa fundación este festival de música e traballará desde hoxe mesmo para poder celebrar a edición de 2022 nas mellores condicións”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...