InicioDeportes“Creo que o equipo está onde merece”, di o adestrador do Pescados...

“Creo que o equipo está onde merece”, di o adestrador do Pescados Rubén

Perde 1 a 2 fronte ao Futsi Atlético tras a primeira derrota mariñá da tempada.

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS non lle puido brindar hoxe a Vista Alegre unha nova alegría de Clásico. Despois de case ano e medio sen medirse, o Futsi Atlético Navalcarnero leva os tres puntos da xornada 4 desta segunda fase nun partido no que faltou ritmo e velocidade e nesta tónica as visitantes estiveron máis cómodas.

Pescados Rubén Burela FS respectou en exceso o rival e iso penalizou as de Julio Delgado. “Xeramos poucas ocasións de gol e no aspecto defensivo respectámolas demasiado. Na segunda parte fomos un pouco máis a por elas, pero quedo coa sensación de que puidemos facer algo máis”, comentou o técnico tras a primeira derrota mariñá da tempada.

Non nos podemos esquecer do que fixemos ata o de agora, do traballo destes últimos oito meses. Estamos na parte de arriba da táboa, imos xogar a Copa da Raíña e a final da Copa Galicia. Creo que o equipo está onde merece”.

PARTIDO CON OPORTUNIDADES

As madrileñas souberon como sacar rendibilidade ao contragolpe para adiantarse no minuto 6, con Irene Córdoba apoiada en Ari. Merodearon a rede de Belén de Uña Jane e Luísa Mayara sen éxito. Tras a boa intervención de Jozi Oliveira, fronte a Lora nunha nova transición, o Pescados Rubén Burela gañou en perigo.

A punto estivo de ver o empate Peque, no minuto 12, nunha perda de Ju Delgado que soubo como cazar Elena Aragón, cunha excelente resposta da meta madrileña. No minuto 17, as de Julio Delgado tamén fixeron méritos para igualar a contenda; Ale de Paz non puido chegar ao balón cruzado de Jane e segundos despois Peque acariñou o esférico ao segundo pau en pase da de Neda. Soou a bucina en Vista Alegre con nova ofensiva local entre Ale, Dany e Peque que liquidou a defensa visitante.

Cami igualou a contenda no 29 cun disparo raso afastado que chegou a tocar Marta Balbuena, custodiando a rede na rede na segunda parte, aínda que se escapou para entrar rozando o pau. Volveu adiantarse o Futsi con Ame Romero, que tan só tivo que empuxar fronte a Jozi o lanzamento de Ju Delgado (minuto 35).

Respondeu inmediatamente o Pescados Rubén co selo de Jane en recuperación cunha moi envelenada ante a que tivo que sacar a man Marta Balbuena. Con case catro minutos por diante, Bea Mateos liderou o xogo de cinco pero sen atopar recompensa que rozou Peque a catro segundos da bucina.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Jozi Oliveira, Dany, Peque, Bea Mateos, Ale de Paz, cinco inicial; tamén xogaron M. Cortés, Jane, Luísa Mayara, Lara Balseiro, Cami, Elena Aragón

Futsi Atlético Navalcarnero: Belén de Uña, Ari, Leti, Ju Delgado, Ame Romero, cinco inicial; tamén xogaron Irene Córdoba, Anita Luján, Lora, María Sanz, Becha, Marta Balbuena, Laura Córdoba

Goles: 0-1, minuto 6, Irene Córdoba; 1-1, minuto 29, Cami; 1-2, minuto 35, Ame Romero

Árbitros: Ferrero Carballal // Martínez Torres. Por Burela amarela para Bea Mateos (minuto 12), Peque (minuto 15), Jane (minuto 16). Por Futsi amarela para Ari (minuto 7), María Sanz (minuto 10), Irene Córdoba (minuto 27)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 4 (segunda fase) de Primeira División Feminina disputado no municipal Vista Alegre, que contou coa presenza da seleccionadora nacional Clàudia Pon

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...