Unha muller resultou ferida nunha colisión entre un camión e un coche na N-634, case á altura de San Miguel de Reinante, no municipio de Barreiros.
O 112 recibiu aviso do accidente sobre as 9.00 horas e mobilizou cara a zona aos servizos de urxencias sanitarias, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e Bombeiros de Barreiros.
Afortunadamente, o choque non foi frontal. O camión recibiu o impacto nunha esquina da carrocería e bateu contra uns colectores de lixo. O coche si padeceu danos sensibles.
O CAMIONEIRO, ILESO
O camioneiro resultou ileso e a condutora do turismo foi trasladada en ambulancia ata o Hospital da Costa, tras padecer mareos e un corte na cabeza. Non foi preciso excarcerala.