O director xeral de Comercio, Manuel Heredia, respondeu ao popular José Manuel Balseiro que o comercio da comarca luguesa da Mariña “está a usar” os instrumentos de apoio habilitados pola Xunta, con 117 negocios beneficiados en 2020 por axudas para dixitalización, modernización, expansión comercial e outros conceptos.
No relativo aos plans de rescate fronte á crise da covid, o alto cargo cifrou en 118 os establecementos que percibiron axudas do primeiro, mentres están aínda “resolvéndose” as do segundo e “traballándose” no taerceiro, “cando se reciban os fondos do estado”.
Precisamente respecto diso, Balseiro criticou que, en contra da maneira de actuar da Xunta, “outras administracións habilitan tarde mal e a rastro os plans de apoio, e fano unha vez máis discriminando a Galicia“.
AXENCIAS