O Concello do Valadouro anunciou xa que os nichos e columbarios do cemiterio público municipal están xa a sorteo.
Logo de realizar as primeiras concesións por sorteo entre os interesados, as seguintes adxudicacións realizaranse segundo a orde de solicitude e de forma correlativa. Os interesados poden presentar a solicitude no rexistro municipal ou a través da sede electrónica.
A través dun comunicado, o concello anuncia que se reserva a titularidade de dúas filas de nichos para enterramentos de persoas con poucos recursos e inhumacións que ordene a autoridade xudicial.