“O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo non se pronunciou sobre a apertura da illa Pancha”. É o que sostén a empresa Eirobra A Mariña, concesionaria da explotación do faro do illote de Ribadeo mediante dous apartamentos turísticos.
Deste xeito, desmentiu que exista pronunciamento xudicial algún sobre o libre acceso á illa tal e como mantén o
colectivo Por Nuestro Faro nun artigo de opinión publicado polo Xornal da Mariña. “Non era a cuestión obxecto do debate xudicial exposto”, din desde a empresa porque se centra “en confirmar a competencia do Concello de Ribadeo para verificar que Eirobra A Mariña, como responsable da concesión, garante que, dentro dos límites marcados polo título concesional e pola súa propia organización e dirección empresarial,
o acceso ao establecemento hostaleiro para os clientes do hotel é libre“.
Ademais insiste en que o fallo xudicial non é firme e se atopa recorrido en apelación ante a Audiencia Provincial.