InicioSucesosAparatoso accidente na A-8 con tres feridos

Aparatoso accidente na A-8 con tres feridos

O sinistro tivo lugar á altura de Coaña. Un dos feridos tivo que ser excarcerado.

Publicada o

- Advertisement -

Tres persoas resultaron feridas de diversa consideración, unha con prognóstico reservado e dous leves, tras chocar dous vehículos, en circunstancias que se descoñecen, na A-8, punto quilométrico 484, en sentido Oviedo, á altura do municipio de Coaña.

Segundo os datos de emerxencias sanitarias, os tres feridos foron trasladados ao Hospital de Jarrio. O de maior consideración nun home que presentaba policontusións de prognóstico reservado, a expensas de máis probas e ata nova valoración médica. Foi atendido polo equipo médico da UVI-móbil de Coaña. O afectado tivo que ser excarcerado de interior do turismo por efectivos de Bombeiros do SAIBA (Servizo de Emerxencias do Principado de Asturias) con base no parque de Valdés.

Neste vehículo viaxaba, como acompañante, unha muller que do mesmo xeito que a condutora do outro turismo implicado no accidente foron evacuadas, nunha ambulancia, ao centro hospitalario.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...