InicioSucesosEvacuado en helicóptero un mariñeiro dun barco con base en Celeiro tras...

Evacuado en helicóptero un mariñeiro dun barco con base en Celeiro tras un accidente

Foi trasladado ao Hospital da Coruña.

Publicada o

- Advertisement -

O xefe de maquinas do buque pesqueiro ‘Pino Ladra‘, con base en Celeiro, foi evacuado polo helicóptero ‘Helimer 401’, de Salvamento Marítimo, tras sufrir na mañá deste martes, 27 de abril, un golpe nun ollo.

A petición de auxilio produciuse ás 8,07 horas e minutos máis tarde despegou desde o aeroporto coruñés de Alvedro, onde ten a súa base, a aeronave, que ás 9,24 horas xa tiña no interior do helicóptero ao ferido.

O evacuado foi levado ata o aeroporto situado en Culleredo, onde agardaba unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, para trasladar ao ferido a un centro hospitalario.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...