A Garda Civil detivo en Mondoñedo a un veciño de Vilamor como suposto autor dun delito de furto agravado e outro de ameazas.
No rexistro efectuado no domicilio da persoa detida recuperáronse varios obxectos, entre eles unha maquina industrial etiquetadora valorada en 1800 euros, a cal foi subtraída o pasado novembro.
A operación policial continua aberta, investigando se a persoa detida puido apropiarse duns 16.000 euros en efectivo e outros obxectos. A persoa detida foi posta a disposición xudicial.