InicioDeportesIllado o Pescados Rubén masculino por dous casos de covid

Illado o Pescados Rubén masculino por dous casos de covid

Todos os integrantes atópanse ben, sen síntomas.

Publicada o

- Advertisement -

O persoal dos Pescados Rubén Burela FS de Primeira Masculina activou esta mañá o illamento domiciliario de corpo técnico e xogadores debido á aparición de 2 casos positivos en Covid-19 no test de antígenos realizados semanalmente.

Segundo informa o clube nun comunicado, de acordo co protocolo marcado polo Sergas e baixo a supervisión do servizo médico do club, o equipo de Sito Rivera suspenderá a actividade dos próximos 10 días. Todos os integrantes atópanse ben, sen síntomas.

O calendario dos próximos partidos da escadra laranxa quedará supeditado ao que diga o xuíz de Competición da RFEF.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...