InicioPolíticaO Concello de Foz presenta alegacións contra o proxecto do espigón na...

O Concello de Foz presenta alegacións contra o proxecto do espigón na praia de Altar

O alcalde socialista, Fran Cajoto, critica que se ofreza unha solución "tan dura e de grande impacto visual e ambiental".

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, anunciou a presentación de alegacións ante o Ministerio de Medio Ambiente ao proxecto construtivo do espigón que se proxecta na praia de Altar, que se sitúa en terreos do Concello de Barreiros pero que afecta a Foz.

Este xoves, o rexedor socialista Cajoto lamentou que se ofreza unha solución “tan dura e de grande impacto tanto visual como medio ambiental“, ademais de ter unha “gran contestación entre as asociacións de Foz, de xente que se dedica á náutica, ao mar, á ría (de Foz) e a esa praia de Altar que serve para a práctica de moitas actividades deportivas acuáticas”.

“O que fixemos foi dispoñer fondos propios do concello, sobre 2.500 euros, cos que contratamos unha enxeñería para presentar alegacións que xa presentamos o luns. Esperamos que se teñan en conta e se reconsidere, que se recapacite e se reformule o proxecto”, engadiu.

O alcalde de Foz argumentou que esas alegacións pasan “desde que os estudos que están expostos datan de 2007 co cal faltaría unha cronoloxía duns anos posteriores para analizar eses datos”, e tamén porque “se articulen solucións máis brandas ou de mellor integración coa contorna”.

Con todo, Fran Cajoto aproveitou para “valorar positivamente a boa disposición” da subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, á hora de atender as “reclamacións” e comprometerse a ter en conta as opinións sobre o proxecto dos gobernos locais de Foz e Barreiros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...