InicioCentralA mindoniense Marina Mayoral premiada pola Asociación de Periodistas de Galicia

A mindoniense Marina Mayoral premiada pola Asociación de Periodistas de Galicia

Recibe o Premio José Luís Alvite 2021 de xornalismo.

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) acordou por unanimidade outorgar o Premio Xosé Luís Alvite 2021 á mindoniense Mariña Mayoral, catedrática emérita de Literatura Española, escritora, veterana columnista de prensa e académica de honra da Real Academia Galega.

Ademais dos seus ensaios e novelas, traducidas a varios idiomas, sobresaen os seus contos, publicados nas mellores antoloxías en lingua española e en antoloxías de lingua inglesa e alemá.

Entre o centenar dos seus traballos de investigación destacan as súas obras sobre Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, análise de poesía e prosa contemporáneas, así como os estudos sobre a problemática da escritura feminina ao longo da historia.

Aínda que tradicionalmente a APG trata de facer coincidir a entrega deste premio co Día da Liberdade de Prensa, que se celebra o 3 de maio, nesta ocasión e debido ás restricións derivadas da pandemia, o acto aprázase ao 22 de outubro próximo e terá lugar en Mondoñedo, localidade da que é natural a galardoada nesta sexta edición do Premio Xosé Luís Alvite.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...