O xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, confirmou que case o 20% da poboación da provincia recibiu xa as dúas doses pautadas da vacina contra o coronavirus.
Segundo os datos que manexa o Sergas, a día de hoxe recibiron unha dose da vacina 119.982 lucenses, o que supón un 36,6% da poboación da provincia, que neste caso coincide coa área sanitaria.
En canto ás persoas que recibiron a pauta completa, son 65.080 en Lugo, unha cifra que equivale ao 19,8% da poboación. Ares confirmou que o Sergas ten programada para este fin de semana unha vacinación “masiva” na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, dado que máis de 14.000 foron citadas para ser inmunizadas no tres hospitais públicos da provincia.
Desas persoas, 11.740 persoas recibirán a primeira dose, mentres que 2.693 verán completada a súa pauta de inmunización coa segunda.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.