InicioOrientalRibadeoO xefe da Policía Local de Ribadeo veu como "crible" a montaxe...

O xefe da Policía Local de Ribadeo veu como “crible” a montaxe do Pequeno Nicolás

Publicada o

- Advertisement -

O xefe da Policía de Ribadeo compareceu como testemuña no xuízo contra Francisco Gómez Iglesias (El Pequeño Nicolás). Contou que tivo coñecemento deste encontro por varias chamadas telefónicas de persoas que se identificaron como “unha comitiva que ía en representación de Presidencia do Goberno e Casa Real”. Preguntado sobre quen o chamou, precisou que “nalgúns casos falaba con Nicolás” e noutras o interlocutor “presentábase como o xefe de escolta”, que sería un dos policías xulgados.

A explicación que lle deron é “que eran unha ligazón económica entre Presidencia e Casa Real pero que eran temas económicos e privados”. O axente tentou confirmar a presenza de tal comitiva co alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, que “o viu correcto”, e coa Comandancia da Garda Civil de Lugo, onde o advertiron de que non había ningún aviso sobre a visita. Por iso, na seguinte conversación telefónica que tivo recalcáronlle que se trataba dun asunto “privado”.

Así as cousas, accedeu a armar o dispositivo policial para acompañar a esta suposta autoridade e o seu séquito no seu percorrido por Ribadeo. O xefe de Policía asegurou que a montaxe ideada por ‘El Pequeño Nicolás’ foi “crible”. Levaban rotativos luminosos nos coches, como os usados polas forzas de seguridade, e usaban ‘pinganillos’, detallou.

O alcalde confirmou que poucos días antes da comida o xefe da Policía local chamoulle por teléfono para informarlle de que “alguén da Casa Real” ía vir a Ribadeo pero con “discreción” e solicitaban escolta. “Eu díxenlle que si, sen problema. Logo xa me interesei, ‘pero quen é, o rei, o príncipe?'”, lembrou.

Suárez explicou que o xefe da Policía non lle soubo indicar se quen lle chamaba por teléfono era “alguén en nome da Casa Real ou alguén de Casa Real”, aínda que en todo caso daban por seguro que un membro da institución monárquica acudiría a Ribadeo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...