O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, confirmou o inicio da vacinación masiva de mariñeiros de altura e grande altura este xoves en Vigo, un proceso que continuará o venres en Burela.
García Comesaña lembrou que en febreiro mandaron unha solicitude ao Goberno pedindo que o fixese o Instituto Social da Mariña (ISM). Finalmente, explicou que esta semana se lles trasladaron os datos para que sexa a Administración autonómica quen proceda á vacinación con Janssen.
“Desde hoxe empezaron a vacinarse en Vigo, mañá en Burela”, sentenciou o conselleiro quen explicou que se fará en mariñeiros de altura e grande altura cos datos trasladados polo ISM.