InicioEconomíaOs traballadores de Alcoa volverán á rúa para que "os políticos se...

Os traballadores de Alcoa volverán á rúa para que “os políticos se mollen” e piden a toda A Mariña que se implique

"Non podemos permitir que nos pase como aos compañeiros da Coruña e Avilés", dixo Zan, quen insiste en que a SEPI ten que facer a operación, aínda que Alcoa debe empezar negociar co único comprador que hai neste momento, que é o grupo Liberty", dixo.

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Alcoa anunciou, despois da reunión que mantivo este venres coa dirección da multinacional para analizar a carta remitida á compañía polo Ministerio de Industria, o inicio inminente dun calendario de mobilizacións, para conseguir “que os políticos se mollen”.

Nese sentido, en declaracións aos medios de comunicación, o presidente do comité, José Antonio Zan, aclarou que os traballadores piden a participación da SEPI “porque é a garantía, o que realmente lle dá certeza a esta operación”.  En todo caso, lembrou que a participación da SEPI é “unha decisión política”, polo que os traballadores están dispostos a “ir a todos os sitios que teñan que ir para que digan o que teñan que dicir” e cumpran cos acordos aprobados tanto no Congreso dos Deputados como no Parlamento de Galicia.

Non podemos permitir que nos pase como aos compañeiros da Coruña e Avilés“, dixo Zan, quen insiste en que a SEPI ten que facer a operación, aínda que Alcoa debe empezar negociar co único comprador que hai neste momento, que é o grupo Liberty”, dixo.

CERTEZA

“Os políticos teñen que dar certdzx e non botar máis barro a algo que xa está suficientemente enfangado”, dixo Zan, quen tamén considera que calquera negociación debe desenvolverse cos plans industriais e enerxéticos sobre a mesa.

En canto ás mobilizacións, asegurou que serán convocadas dunha forma “intelixente” e pediulle á comarca da Mariña que se some a elas para demostrar “a súa forza”. “Temos que demostrar que temos esa forza, porque se non van pasar de nós“, lamentou. A próxima reunión do comité con Alcoa está prevista para o martes, día 18 de maio, e o comité espera que a multinacional se pronuncie e “diga si ou non” ao acordo de venda.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...