InicioOrientalRibadeoEstás interesad@ nos 40 novos empregos que ofrece o Concello de Ribadeo...

Estás interesad@ nos 40 novos empregos que ofrece o Concello de Ribadeo para o verán?

Entre as prazas ofertadas están as de guías turísticos, socorristas, técnicos sanitarios e operarios de medio ambiente.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, destacou o “importante esforzo económico” que está a facer o Concello para reforzar o persoal para a tempada estival. En total son 40 os empregos que se ofertan, entre os que se atopan guías turísticos, socorristas, técnicos sanitarios e operarios de medio ambiente.

O rexedor ribadense confía en que, “con todas as medidas de seguridade sanitarias e que vaia por diante todo isto, podamos con todo ter un bo verán en Ribadeo”. “Para isto debemos estar máis preparados que nunca, por iso é polo que esteamos neste momento facendo o maior reforzo de persoal que se fixo nunca”, anunciou Suárez Barcia.

As prazas ofertadas son un chofer de medio ambiente, un celador de inmobles escolares, cinco guías ou informadores turísticos, dous peóns de medio ambiente e servizos múltiples, nove operarios de medio ambiente, un avogado para o Centro de Información á Muller (CIM), 18 socorristas, tres técnicos sanitarios, un técnico de dinamización económica, dous peóns de medio ambiente, un técnico de medio rural e un auxiliar electricista.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...