O Proxecto Ríos, coordinado por ADEGA, iniciarase en Foz no río Centiño, segundo anunciou o departamento de medio ambiente do concello de Foz. Esta iniciativa ten como obxectivo a concienciación e a participación cidadá en defensa dos ríos galegos. Fundaméntase na realización de inspeccións por parte de persoas ou grupos voluntarios ca finalidade de que se fagan responsables da vixianza do río que pasa solo seu municipio.
Estes controis faranse como mínimo dúas veces ao ano, en primavera e outono, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos. A partir diso, haberá que cumprimentar as Follas de Inspección.
No río Centiño o venres 4 de xuño realizarase un sesión informativa no Teleclube de San Martiño para posteriormente comezar a actividade. Os que estean interesados poderán anotarse no correo patrimonio.medioambiente@concellodefoz.es.