IniciosociedadeA Xunta volve decretar o nivel alto de restricións en Viveiro e...

A Xunta volve decretar o nivel alto de restricións en Viveiro e o nivel medio en Xove

Cervo, que estivo con restricións de nivel medio a pasada semana, sae da lista do comité clínico da Xunta.

Publicada o

- Advertisement -

Os municipios de Mos e A Pobra do Caramiñal son os dous únicos que seguirán no nivel máximo de restricións desde a medianoite do próximo sábado, segundo acordou o comité clínico na súa reunión deste martes.

Pola súa banda, o municipio ourensán de Lobios abandona o tramo de máximas medidas contra a propagación do coronavirus, que supón o peche perimetral do concello, o toque de queda entre as 23 e as 6 horas e o peche da hostalaría, así como a prohibición de encontros entre persoas que non conviven no mesmo domicilio.

Así mesmo, o comité que asesora á Xunta en canto ás medidas para frear a propagación da pandemia tamén acordou situar no nivel alto de restricións aos municipios de Ordes e Viveiro, nos cales só está aberta a hostalaría nas terrazas e a un 50 por cento.

As medidas do nivel medio, ao cal pasará directamente Lobios, tamén deberán cumprirse nos municipios de Moraña, Ponteareas, Cenlle, O Barco de Valdeorras, Ribeira, Boiro, Oroso, Xove, Vilalba e Monforte de Lemos, nos cales a hostalaría estará aberta ao 30 por cento en interiores e ao 50 por cento en terrazas.

No resto dos municipios galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo, que permiten ocupar ao 75% as terrazas e a metade do aforamento do interior dos locais hostaleiros. Todas as medidas entrarán en vigor, segundo informou Sanidade, ás 00,00 horas do sábado 5 de xuño.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...