O patrón maior de Burela, Basilio Otero, prevé que o “groso” da frota bonitera inicie a costeira deste ano entre mediados e finais deste mes.
O tamén presidente da Federación Nacional de Confrarías explica que os dous pesqueiros “máis grandes” xa comezaron a costeira de bonito “fai 10 ou 15 días”, pero a maioría aínda esperará uns días.
De tal forma, Basilio Otero espera unha “costeira mellor que a do ano pasado”. “Sobre todo porque temos un 12,5% máis de cota e iso permitiranos estar máis tempo no mar”, valora.