InicioEconomíaA Xunta di que "hai que posicionarse" no sector eólico no mar...

A Xunta di que “hai que posicionarse” no sector eólico no mar tras o proxecto de Iberdrola para a Mariña

O BNG di que Galicia está a sufrir o que cualificou como "unha gran ofensiva de espolio eólico".

Publicada o

- Advertisement -

O vicepresidente segundo da Xunta de Galicia e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, afirmou este xoves que Galicia “ten que posicionarse” nun sector que considerou puxante como é o da eólica mariña.

Con todo, asegurou que aínda non estamos “no momento” de “lanzar proxectos concretos”, senón de “sentar as bases para un desenvolvemento ordenado da eólica mariña”, en coordinación con “o Ministerio, o sector industrial e o sector pesqueiro”.

“Estamos nun contexto de desenvolvemento dunha enerxía, como é a eólica mariña, no cal a Xunta de Galicia entende que temos que situarnos, pero nestes momentos estamos a falar de asentar as bases do futuro do sector. Non estamos a falar en ningún caso de proxectos concretos”, aclarou Conde en declaracións aos medios de comunicación ao ser preguntado polo megaparque proxectado por Iberdrola na Mariña.

“ESPOLIO EÓLICO”

Pola súa banda, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, afirmou  que Galicia está a sufrir o que cualificou como “unha gran ofensiva de espolio eólico” por parte de grandes operadoras que proxectan a instalación de “megaparques que superan os 50 MW” de potencia instalada e que “provocan un impacto ambiental brutal”.

Así, puxo como exemplo o “megaparque eólico mariño, de 1.000 MW” que “Iberdrola pretende instalar na costa da Mariña”, a “só 15 quilómetros do litoral”. Segundo Rego, a costa galega non é a máis indicada para a instalación dese tipo de parques, porque “a plataforma continental é moi estreita” e, mentres noutros países europeos “chega aos 60 quilómetros”, aquí queda só en 15, o que supón que os polígonos de aeroxeradores quedan emprazados “moi preto da costa”.

Non é un lugar adecuado”, insistiu, porque “a cambio de beneficiar a unhas poucas grandes empresas”, a súa instalación afecta a “unha actividade fundamental da que dependen miles de familias galegas, como é a pesca”. Desde o seu punto de vista, “temos que camiñar noutra dirección” e apostar “por outro modelo”, con “pequenos parques”, xestionados tamén por “pequenas e medianas empresas, vinculadas ao país”, que realmente xeren riqueza coa produción de enerxía.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...