InicioOrientalRibadeoRibadeo quere recuperar a antiga estación do tren mineiro Ribadeo-Vilaoudriz

Ribadeo quere recuperar a antiga estación do tren mineiro Ribadeo-Vilaoudriz

Quere acondicionar esta área de 3.500 m2 na que hai varios almacéns abandonados e unha chabola na que vive unha familia.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo acondicionará o espazo que ocupa a antiga Estación do Tren Mineiro de Ribadeo-Vilaoudriz e as súas inmediacións para convertelo nun lugar de uso público no corazón do centro urbano da vila. Así o anunciou o alcalde, Fernando Suárez, que dixo que o Concello comprométese a estudar as posibles fontes de financiamento público.

Polo momento, procederase ao desbroce, limpeza e acondicionamento da zona, onde se habilitará un aparcamento público e gratuíto de vehículos. O rexedor explicou que desde o concello están iniciando actuacións nunha área do casco urbano que “leva decenios nunha situación moi degradada e á que se lle quere dar unha solución”.

Suárez Barcia sinalou que o Concello aceptou hai poucas semanas a cesión anticipada do edificio da antiga estación de tren xunto coa parcela que o comprende, logo de ter chegado ao acordo cos seus múltiples propietarios deste inmoble que está dentro dun polígono urbanístico de solo urbano non consolidado.

TERREO SEN PROPIETARIOS

“A actuación que o Concello asume de aquí en diante con esta cesión é o compromiso de manter e acondicionar esta área de 3.500 m2“, dixo. O rexedor tamén apuntou que, xusto ao pé desta parcela, existe outra grande superficie que non figura a nome de ninguén no Catastro de Inmobles e na que hai naves e antigos almacéns da extinta Sociedade Mineira de Ribadeo-Vilaoudriz e unha chabola onde vive unha familia desde hai moitos anos.

Sobre isto, o rexedor lembrou que desde hai moito tempo desde o concello lévase tentando buscar unha solución habitacional cun matrimonio que alí reside, “sendo ata o momento infrutuosa a posibilidade de lograr a desaparición desta última infravivenda que temos en Ribadeo”.

Precisamente, este mesmo xoves mantívose, pola concelleira de Benestar Social, o traballador social e mais o alcalde, unha xuntanza con este matrimonio para avanzar na busca dunha solución definitiva e co apoio do Concello de Ribadeo en buscarlles un aluguer dunha vivenda, chegando desde o Concello a propoñer unha axuda para o pago dun aluguer durante un período de tempo limitado así como para tramitarlle novamente as axudas sociais ás que teñan dereito diante da Comunidade Autónoma ou o Estado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...