InicioEconomíaQueres coñecer as pinturas góticas da igrexa de Vila do Medio de...

Queres coñecer as pinturas góticas da igrexa de Vila do Medio de Burela?

Tamén haberá visitas á nave das redeiras e ao barco museo Reina del Carmen.

Publicada o

- Advertisement -

A Concellería de Turismo de Burela realizará este verán varias actividades turísticas coas que pretende atraer, novamente, visitantes á vila. Entre as propostas, ademais das rutas xeolóxicas polo concello, está por primeira vez a posibilidade de realizar visitas guiadas ás pinturas da igrexa de Vila do Medio.

Estas pinturas datan do século XV e son de estilo gótico. Están na primitiva igrexia do Barrio de Vila do Medio, que naquel tempo era un próspero núcleo de mariñeiros. Nas pinturas pódense ver escenas da vida de Xesucristo: Xesús ante o Sanedrín, a Flaxelación, as Santas muleres ante o sepulco ou no monte das oliveiras.

Ademais, Burela activará novamente as visitas á nave das redeiras. Será unha visita de luns a venres, en horario de once e cinco da tarde. Hai que chamar para reservar ao número de teléfono 630 75 79 10. Por outra banda haberá visitas ao barco museo Reina del Carmen que, como todos os anos, van ser seis diarias, tres pola mañá e tres pola tarde, en horario de once, doce, unha, cinco, seis e sete”.

APOSTA “FORTE” POLO TURISMO

O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, subliñou se está apostando “fortemente” polo turismo. “Desde logo a xente que nos visite durante este verán vai ter moitas alternativas ademais de desfrutar das nosas praias e da nosa gastronomía”, dixo nun comunicado.

Neste sentido, salientou que, de cara á semana que ven, para compaxinar o tema turístico co deportivo, presentaranse as escolas deportivas municipais que van ter unha serie de novidades, incluso para a xente adulta, este ano. “Imos ofrecer actividades para toda a xente que nos visite de maneira gratuíta. Ademais imos ter as actividades deportivas que temos todos os anos, que vai impartir o noso técnico deportivo”, apuntou o edil.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...