IniciosociedadeOs focos Covid da Mariña "están estabilizados e en franca melloría"

Os focos Covid da Mariña “están estabilizados e en franca melloría”

O Sergas destaca que os novos casos detectados "xa estaban en corentena".

Publicada o

- Advertisement -

O xerente do Sergas na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, confirmou que o brote de Covid-19 detectado en varios municipios da costa de Lugo, con epicentro en Viveiro, “está estabilizado” e “en franca melloría”, aínda que preocupa a aparición de novos casos na capital, vinculados a reunións familiares.

Segundo o seu criterio, a situación da pandemia na provincia de Lugo é nestes momentos estable e con tendencia á baixa. Na Mariña, precisou á prensa, aínda que apareceron novos casos nos últimos días, son diagnósticos de persoas que xa estaban en corentena polo seu contacto con outras persoas infectadas.

Non se detectaron, de feito, novos casos fóra deses ámbitos e, neste momento, “xa non quedan municipios con restricións importantes”, porque Viveiro baixará o sábado a nivel medio, o mesmo no que se atopa Xove. “A evolución tamén é boa na zona sur, onde só aparece algún caso ocasional”, indicou.

Preocúpanos un pouco máis o aumento de casos no municipio de Lugo, que tamén é o que máis habitantes ten”, indicou ao tempo que salientou que son casos vinculados a “reunións familiares”, polo que fixo un chamamento a manter as medidas de precaución. “O virus segue estando aí”, polo que recomendou á poboación máis nova que teña coidado, dado que aínda non foi vacinada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...