InicioOrientalRibadeoRibadeo aposta pola "bicirrúa"

Ribadeo aposta pola “bicirrúa”

Creará un carril bici de 4km entre que pasará polo Faro de Illa Pancha, o Forte de San Damián e a praia dos Bloques. Haberá tramos compartidos cos coches, que terán que circular a 30Km/h.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo creará un carril bici entre o centro urbano da vila e o Faro de Illa Pancha. Este proxecto, encadrado nunha actuación mais ampla, consiste na adaptación como vía ciclista dun traxecto de catro quilómetros entre a praia dos Bloques e a zona do faro, bordeando a costa e discorrendo por lugares emblemáticos como O Cargadeiro e o Forte de San Damián.

Incluirase tamén o aglomerado do tramo comprendido entre a praia de Rocas e o cruzamento coa estrada provincial LU-P-5202. Segundo se recolle na memoria inicial, entre o faro e o forte habilitarase un carril bici bidireccional de 2,50 metros de ancho, mentres que no resto do traxecto optarase por harmonizar o paso de vehículos e bicicletas nunha vía de sección única de prioridade ciclista e limitada a 30 quilómetros por hora. O traxecto tamén será transitable a pé, por beirarrúas e pasos peonís.

No resto do traxecto, realizarase un aglomerado até o cruzamento coa Avenida Calvo Sotelo a través da creación dunha senda peonil, e habilitarase como “bicirrúa” até a praia dos Bloques, ao longo do cal as bicicletas circularán xunto ao resto de vehículos, pero con preferencia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...