InicioCulturaMalandrómeda actuará en Gadélica, do 27 ao 29 de xullo

Malandrómeda actuará en Gadélica, do 27 ao 29 de xullo

O dúo de hip hop será un dos atractivos da terceira edición do festival multidisciplinar, celebrado en Sargadelos

Publicada o

- Advertisement -

O dúo de rap Malandrómeda será un dos atractivos da terceira edición do festival Gadélica, que se celebrará no conxunto histórico-artístico de Sargadelos do 27 ao 29 de xullo.

Formado por Hevi Vieites e Xurxo Piñeiro, Malandrómeda consolidouse nos últimos anos como unha referencia no hip hop estatal. No 2016, a formación mereceu o premio da revista Rockdelux ao mellor álbum español de música popular.

o evento contará con dous escenarios e ofrece numerosas actividades

Gadélica, que impulsa Alberto Casas coa colaboración do Concello de Cervo e a Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, contará na edición de 2018 con dous escenarios. O Main Stage acollerá os concertos máis multitudinarios, e o Delos Garden ofrecerá sesións de dub, reggae e música alternativa. Ademais, os asistentes poderán desfrutar de clases de ioga, maxia ou obradoiros de artesanía. Haberá numerosos postos artesáns e de gastronomía.

DECORACIÓN E ILUMINACIÓN COIDADAS

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, asegurou que Gadélica “volverá a prestar atención á decoración e á iluminación, de xeito que as antigas fábricas de Sargadelos e a súa contorna reflictan a súa beleza natural”. A edil de cultura, Dolores García Caramés, afirmou que a filosofía do festival é “ser un punto de encontro para todo tipo de público, cunha especial coidado pola programación de actividades paralelas aos concertos”.

A agrupación As Espalladoras estivo representada no acto por Inés Cobas e Raquel Ferreira. Villares resaltou na presentación “a colaboración desinteresada deste colectivo”, que fai posible “unha cita na que música e natureza se fusionan”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...