InicioCentralFozDivisión en Foz pola situación da Escola de Música

División en Foz pola situación da Escola de Música

A ANPA da Escola de Música pide un contrato dun ano para un novo profesor e o rexedor di que "é imposible" xa que a secretaria municipal di que "é ilegal".

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, saíu ao paso das críticas xeradas respecto da situación do profesorado da Escola de Música Municipal. Así, suliñou que desde o concello sempre apoiaron e apoiarán ao centro pero que a reivindicación dun contrato laboral cunha duración de 12 meses non a poden satisfecer porque sería ilegal, segundo advertiu a secretaria municipal.

O rexedor insiste en que o centro educativo debería autofinanciarse e aínda así existe un déficit moi elevado, de 76.000 euros, que financia o concello. “O Concello de Foz aposta firmemente pola Escola de Música Municipal Arcadio Mon, que aínda que tería que autofinanciarse, mantivo un desfasamento contable no curso 2020-2021 de 76.000 euros entre o que ingresaron as arcas municipais -taxas do alumnado, 26.000 euros- e o custo real da escola -sen chegar a sumar gastos de funcionamento habituais como luz, auga, limpeza do edificio ou os investimentos propios que hai que realizar- ascendeu a 102.000 euros, só en salarios do profesorado”, dixo.

PROBLEMAS DURADEIROS

A Escola Municipal de Música de Foz atravesa un dos momentos máis críticos da súa historia, sobre todo, a nivel laboral, ante a precariedade laboral dos seus profesores que, agora, decidiron plantarse.

O director anunciu que presentará a súa dimisión e a persoa que ocuparía o seu lugar- outra profesora- tamén marcharía. Só quedarán se o concello garante un “contrato laboral de mínima calidade”. A ANPA da Escola de Música iniciou unha recollida de sinaturas para apoiar á dirección do centro

APOIO DESDE O CONCELLO

“Podemos estar conformes con que son necesarias máis mans para mellorar o funcionamento da escola e que siga crecendo. Hai distintas opcións, como auxiliares temporais para axudar na tempada de matrículas ou noutras tarefas administrativas para descargar de traballo ao director do centro”, dixo o rexedor.

Tamén apuntou outras posibilidades, como a acumulación de tarefas dalgún dos profesores. Con todo, aclarou que a demanda esixida pola ANPA dun profesor asociado á dirección a tempo completo durante 12 meses non se pode facer efectiva a día de hoxe, “xa que non a contempla a organigrama do Concello e así nolo trasladou a secretaria”.

Tamén dixo que o Concello aspira a que a Escola siga crecendo sen subir as taxas neste momento, xa que sería asumir por parte das familias un sobrecusto “que non procede en plena crise económica derivada da pandemia”. “Tampouco cremos razoable subir impostos nestes momentos aos veciños de Foz”, engadiu.  “compromiso segue aí, en aumento, e por todo ese esforzo non buscamos encomios nin recoñecementos persoais, pero si que non se falte á verdade”, concluíu.

CRÍTICAS DO PP

Pola outra banda, os populares aseguran que Cajoto “carece de proxecto e non acaba de superar o período de prácticas como alcalde” e asume decisións do Goberno que prexudican á Mariña e a Foz, como o estatuto electrointensivo. Así, nun comunicado, Javier Castiñeira destacou que PSOE e BNG non son capaces de traballar en equipo no goberno municipal, polo que os dous últimos anos foron convulsos no Concello e dimitiron tres edís socialistas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...