InicioEconomíaIsabel Rodríguez, Subdelegada do Goberno: "Alcoa ten que vender e deixar as...

Isabel Rodríguez, Subdelegada do Goberno: “Alcoa ten que vender e deixar as escusas”

Destaca que e a planta "segue aberta, en contra do desexo de Alcoa, polo empeño dos traballadores". O BNG volverá reclamar no Pleno provincial a intervención de Alcoa San Cibrao.

Publicada o

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, insta a Alcoa a “deixarse de escusas e vender” a fábrica de San Cibrao, en Cervo, “xa que non lle interesa”. A través dunha comunicación remitida aos medios, Rodríguez reivindica que “foi o Goberno quen buscou os compradores interesados na fábrica, despois de facilitarlle a continuidade do emprego e a actividade industrial na Mariña”.

Neste sentido, a subdelegada resalta que a planta “segue aberta, en contra do desexo de Alcoa, polo empeño dos traballadores, que –incide– sempre contaron co apoio do Goberno”.

E é que este xoves, tras unha nova reunión da mesa multilateral, os representantes do persoal criticaron que o Executivo central lles trasladara que non está disposto a que sexa a SEPI (sociedade estatal de participacións industriais) a que faga de intermediaria na operación de compravenda.

O BNG PIDE A INTERVENCIÓN

Pola súa banda, o BNG levará ao vindeiro pleno provincial a proposta que o comité de empresa de Alcoa San Cibrao trasladou aos grupos políticos provinciais para esixir ao Estado a intervención da fábrica de aluminio.

O voceiro nacionalista Efrén Castro explicou que “coas últimas noticias sobre o proceso de venda da fábrica, coa negativo do goberno a intervir directamente, esixen aumentar a presión social e política. Despois de meses de incerteza e sen avances, este paso atrás é inadmisible”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...