InicioCentralMondoñedoO Parlamento demanda ao Goberno central a mellora integral e urxente da...

O Parlamento demanda ao Goberno central a mellora integral e urxente da N-634 entre Abadín e Mondoñedo

Elena Candia incidiu que “os accesos a esta estrada de titularidade estatal seguen sen iluminación e o firme está moi deteriorado". O BNG celebra o acordo.

Publicada o

- Advertisement -

“A falta de iluminación e o mal estado que presenta esta estrada constitúen un risco elevado para os usuarios”, sinalou a viceportavoz popular Elena CandiaSantiago, 18 de xuño de 2021.-

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se require ao Goberno central que acometa a mellora integral e urxente da estrada N-634, no treito entre o Alto de A Xesta en Abadín e Mondoñedo, que serve como itinerario alternativo á autovía do Cantábrico cando se producen peches de circulación polos intensos bancos de névoa.

A viceportavoz do Grupo Popular, Elena Candia, considerou “urxente” garantir a seguridade aos usuarios deste tramo da N-634, “xa que a falta de iluminación e o mal estado que hoxe presenta esta estrada constitúen un risco elevado, e moito máis coa chegada do verán, cando se produce un incremento moi significativo do tránsito por estas vías”.

SEN ILUMINACIÓN E CO FIRME MOI DETERIORADO

A través dun comunicado, Elena Candia incidiu que “os accesos a esta estrada de titularidade estatal seguen sen iluminación e o firme está moi deteriorado, polo que resulta urxente acometer obras de mellora nesta vía, así como garantir un mantemento periódico e axeitado ao elevado número de vehículos que transitan pola mesma cada vez que se pecha a autovía”.

Neste sentido, lamentou “a incapacidade do Goberno central para ofrecer solucións aos reiterados peches da autovía do Cantábrico como consecuencia dos intensos bancos de névoa ou o vento, que obrigan a empregar como itinerario alternativo a estrada N-634 no treito que discorre entre os municipios de Mondoñedo e Abadín.

“O arranxo desta estrada ten que ser unha realidade, máis pronto que tarde, porque estas obras xa están comprometidas desde o ano 2017 e o Goberno socialista leva poñendo escusas desde esa data para non facer esta actuación tan necesaria”, sinalou Elena Candia.

O BNG CELEBRA O ACORDO

Por outra banda, segundo apunta o voceiro municipal, Eloi Cabanas, esta medida fora proposta xa no concello no ano 2015 por entender que sería unha alternativa aos continuos peches da A-8 a raíz dos cales moitos transportistas decidiron desistir de empregar a autovía pola perigosidade do Fiouco e tamén polo menor consumo de combustible que supón o traxecto de 18 quilómetros pola N-634, que aínda que son dous máis ca o traxecto por autovía, o tempo é practicamente o mesmo e o aforro económico tamén é considerable.

A pesar de que a proposta de mellora da N-634 xunto coa emenda de prolongación do terceiro carril saíu adiante, o BNG pídelle ao PSOE que se poña mans á obra e non espere a ver que pasa co proceso de construción e experimentación dos prototipos antinéboa seleccionados para reducir o problema da néboa no alto do Fiouco.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...