IniciosociedadeO BNG pedirá explicacións no Parlamento ante a diminución de servizos no...

O BNG pedirá explicacións no Parlamento ante a diminución de servizos no Hospital da Mariña

O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego critica a continua diminucións de Servizos no Hospital da Mariña.

Publicada o

- Advertisement -

O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego critica a continua diminucións de Servizos no Hospital da Mariña, polo que leverá ao Parlamento aos carencias no servizo de Radioloxía e instará á Xunta a manter o proceso completo do cribado do cancro de mama, así como pedirá explicacións polas derivacións ao HULA.

A situación do Hospital da Mariña vén arrastrando diferentes carencias durante varios anos, que conleva a maiores desprazamentos dos doentes ao hospital da capital de provincia, o HULA en Lugo. 

Unha das áreas máis afectadas é o servizo de radioloxía, que conta con dúas prazas baleiras dende hai varios anos. A isto súmanselle outras carencias coma a derivación de pacientes ao HULA en cribados de cancro de colon e mama, ao daren positivo nas colonoscopias ou seren as mamografíasdubidosas. Ata hai pouco, as probas que se lles realizan aos pacientes no hospital de provincia facíanse no hospital mariñao.

Ante esta situación, o concelleiro do BNG Daniel Castro afirma que “O PP terá que explicar claramente ás mariñás e mariñaos cales son as razóns, se é que as hai, destas derivacións ao HULA”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...