O vindeiro sábado 26 de xuño retoman unha das actividades coas que o Club de Lectura da Biblioteca de Castropol conclúe o “curso lector”. E, para tal fin, os seus integrantes realizarán unha visita a Foz e Mondoñedo.
Así, realizarán unha ruta literaria, primeiro pola basílica de San Martiño de Mondoñedo e logo polo Espazo Caritel nunha ruta que une arte, natureza e moita literatura.
O Club de lectura volverá en outubro de 2021 “cunha axenda moi especial no ano no que se comeza a celebrar o centenario da Biblioteca de Castropol”, indica nun comunicado.