Os numerosos problemas da Atención Primaria en Galicia son tamén un problema do Goberno de Pedro Sánchez. Iso foi o que veu dicir este xoves o presidente da Xunta ante a situación de colapso que viven numerosos centros de saúde, entre eles, os da Guarda, Cangas ou Burela. “Iso é un problema de falta de medios de España”, destacou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.
Así, defendeu que o Goberno galego xa fixo todo o que está na súa man para evitar o colapso, “contratando a todo o persoal que está na nosa man” pero dixo que Madrid “denega novas ofertas públicas de emprego” e tamén non quere que se abran novas oportunidades para aqueles que suspenderon o examen MIR. “Polo tanto non se pode dicir que sexa responsabilidade da Xunta”, destacou, “xa que nos están negando todas as ferramentas para evitalo”. Toda a información no Galicia Confidencial.