InicioCentralFoz"Preguntámonos se en Foz somos de Asturias ou de Galicia"

“Preguntámonos se en Foz somos de Asturias ou de Galicia”

A asociación A Ribeira de Foz critica que seguen sen solucionarse os problemas do peirao de Porto Chico "mentres os políticos se afanan en saír nas fotos das inauguracións".

Publicada o

“Ás veces preguntámonos se en Foz somos da Comunidade Asturiana e non da Galega”, din dende a asociación A Ribeira de Foz ao lembrar que pasaron xa cinco anos dende que se reuniron coa Conselleira Rosa Quintana en Santiago para expoñerlle os problemas do peirao de Porto Chico e aínda non se atenderon ningunha das demandas.
Reunións, debates no Parlamento, promesas, proposicións non de lei aprobadas….A asociación A Ribeira de Foz denuncia que o peirao segue “nunha situación ruinosa, que non ten calado para nin tan sequera atracar unhas chalanas, que os pantaláns de atraques deportivos están en moi mal estado e non ofrecen ninguna seguridade ás embarcacións sitas nos mesmos”.
A entidade destaca que o peirao non ofrece abrigo e teñen verdadeiras marexadas cando hai temporales, que existe unha demanda alta de plazas de atraque de embarcacións deportivas en Foz e que se atopan nunha eterna lista de espera ou que as embarcacións de salvamanto das praias non poden sair a facer as súas tarefas de socorrismo.
“En Foz vemos pasar dende lonxe e con envexa sana como pasan os veleiros da afamada ‘Ruta Xacobea’, e como os políticos se afanan en saír nas fotos das inauguracións de tales rutas e concesións de xestións privadas varias”, din ao tempo que reclaman que se atendan tamén as súas demandas portuarias.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...