Ata 1.000 vivendas de Santa María e San Xurxo teñen, neste mes de xuño, conexión a Internet de alta velocidade proporcionada pola compañía Adamo . Pero aínda serán máis en Lourenzá, xa que continuará expandindo a súa propia fibra óptica -de 1.000 MB, a máis rápida que existe hoxe no mercado- no concello durante a época estival. En concreto, o operador activará o seu sinal noutros 300 fogares de San Tomé e Santo Adrao entre xullo e agosto.
Como consecuencia, as catro parroquias de Lourenzá terán fibra óptica a finais de verán. Trátase dunha iniciativa na que colaboran as autoridades locais, en particular, da alcaldesa, Rocío López García. Iso quedou de manifesto na presentación do servizo que proporciona a compañía, efectuada recentemente ante a rexedora por David Chairo, responsable de Adamo en Galicia.