InicioEconomíaDesconvocada a manifestación de Alcoa en Lugo deste domingo tras anunciar a...

Desconvocada a manifestación de Alcoa en Lugo deste domingo tras anunciar a ministra unha xuntanza co comité de empresa

Os traballadores queren evitar que "se lles utilice como escusa á hora de tentar chegar a unha solución" deste conflito que arrastra xa máis dun ano de incerteza.

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa da planta de Alcoa San Cibrao, en Cervo, recibiu este venres unha notificación para reunirse coa ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, o martes 29 de xuño.

Así o informou o propio comité de empresa a través dun comunicado, no que ademais explica que este paso dado por parte do Ministerio levoulles a desconvocar a manifestación que estaba prevista para este domingo en Lugo.

Con esta decisión, os traballadores queren evitar que “se lles utilice como escusa á hora de tentar chegar a unha solución” deste conflito que arrastra xa máis dun ano de incerteza, desde que Alcoa anunciou a súa intención de executar un despedimento colectivo que, no entanto, foi anulado posteriormente pola xustiza.

Á parte da reunión entre o comité e a ministra do martes, para o día seguinte, o mércores 30, está convocada unha nova reunión multilateral sobre a situación da factoría e a súa posible venda.

Esta é a segunda ocasión na que se impulsan as negociacións para tentar vender a planta de aluminio da Mariña a un terceiro. A primeira, no outono pasado, terminou frustrada. Agora, a participación ou non da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) como mediadora na operación foi un dos puntos chave nos que estaban en desacordo a compañía e o Goberno.

Esta discrepancia garda relación coa sentenza condenatoria que acaba de ditar a Audiencia Nacional sobre Alcoa tras a venda das factorías da Coruña e Avilés. Este feito, segundo a empresa, condiciona a súa situación en España, ao pór en evidencia, ao seu xuízo, as dificultades de vender unha planta inviable desde o punto de vista “estrutural”. Pola súa banda, os traballadores remarcan que a fábrica de Cervo xera beneficios.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...