InicioCentralBurelaUnha nova alternativa para o Xacobeo: facer unha ruta para ver a...

Unha nova alternativa para o Xacobeo: facer unha ruta para ver a pescada do pincho e do bonito de Burela

A campaña Orixe e Destino Galicia ten con finalidade difundir a pesca do peixe en dez paradores localizados en sete camiños de Santiago diferentes.

Publicada o

- Advertisement -

A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe o papel dos sectores da restauración e do turismo gastronómico na promoción dos produtos do mar de Galicia co obxectivo de “valorizalos e darlles o recoñecemento que merecen”. Nesta liña puxo como exemplo a iniciativa Orixe e Destino Galicia, da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo en colaboración con Paradores de Turismo de España. Esta campaña ten como finalidade difundir a pescada do pincho e o bonito capturados pola frota de Burela en dez paradores localizados en sete camiños de Santiago diferentes e tamén promocionar o Xacobeo 21-22.

Rosa Quintana referiuse a esta campaña como “unha das fortalezas da OPP” que pon en valor o labor da cadea mar-industria. Un traballo, subliñou a conselleira, esencial en tempos de pandemia, pois permitiu que os produtos do mar chegasen á cidadanía.

Con Orixe e Destino Galicia a comunidade galega difunde dous produtos do mar de primeira calidade capturados de xeito sustentable e coa selectividade que caracteriza á frota artesanal. Faino, engadiu a titular de Mar, con dúas rutas xacobeas. Por unha banda, a do bonito, que comeza este venres 2 de xullo no parador de Santiago de Compostela e que pasará por Olite, Santillana del Mar e Villafranca del Bierzo. Por outra banda, a ruta da pescada do pincho comezará o 20 de agosto en Granada e continuará por Mérida, Segovia, Cangas de Onís e Muxía.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...