InicioCentralAlfozAlfoz acollerá varios espectáculos de música e contos dentro do Festival Atlántica

Alfoz acollerá varios espectáculos de música e contos dentro do Festival Atlántica

Os artistas Raquel Queizás, Quico Cadaval e Manuel Gago e os músicos Mano Panforreteiro e Teresa Jareño pasarán polo Castelo de Castrodouro durante o Festival Atlántica.

Publicada o

- Advertisement -

O concello de Alfoz estréase como sede do Festival Atlántica e acollerá espectáculos os días 4, 10 e 11 de xullo. O castelo de Castrodouro será o escenario que acollerá a artistas como Raquel Queizás, Quico Cadaval e Manuel Gago. Polo mesmo espazo tamén pasarán os músicos Mano Panforreteiro e Teresa Jareño.

O Castelo de Alfoz ofrecerá funcións gratuítas para as que se precisa reserva previa a través da páxina web do Festival, que tamén terá outras sedes como Chantada, Lalín, Ourense e Mondoñedo, entre outras.

A narradora Raquel Queizás será a encargada de innaugurar esta edición en Alfoz, e farao co espectáculo “Onda min” o domingo 4 de xullo ás 20:30 horas. Este espectáculo é unha escolma de historias dirixidas a público infantil e familiar que a artista escoitaba cando ía buscar o caldeiro de berberechos cando era rapaza.

O 10 de xullo será a quenda de Quico Cadaval, que co repertorio de contos “Autoestradas e corredoiras”, dirixido a público adulto. A clausura virá da man de Manuel Gago, xornalista, escritor e comisario de exposicións, que ofrecerá a conferencia musicada “Heroes que dormen, heroes que resisten, herores que mudan”. Historia e música porán fin ao Festival Atlántica en Alfoz o domingo 11 de xullo ás 20.00 horas, coa colaboración dos músicos Mano Panforreteiro e Teresa Jareño.

O programa completo podese consultar na páxina web do festival, a través da cal tamén se poden reservar as entradas e onde se actualizará a información con respecto ao acceso aos espectáculos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...