- Advertisement -
A praia do Torno, en San Ciprián, luce bandeira azul. O izado tivo lugar no mediodía do 2 de xullo, e estiveron presentes o edil de Turismo, David Rodríguez, a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez e tres dos seis socorristas que velarán pola seguridade dos bañistas este verán.
O areal acadou o distintivo de bandeira azul pola calidade dos servizos que ofrece, pero dende o Concello de Cervo salientan as condicións óptimas que comparten todas as praias do municipio.