InicioOrientalBarreirosAna Ermida: “Augas de Galicia actúa como o brazo político dun PP...

Ana Ermida: “Augas de Galicia actúa como o brazo político dun PP capitaneado por Balseiro”

A alcaldesa de Barreiros acusa á Xunta de mentir sobre a depuradora de San Miguel.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, lamenta a actitude da presidenta de Augas de Galicia na resposta dada en comisión parlamentaria, ao mostrarse como “brazo político dun PP capitaneado por Balseiro en lugar de como parte dunha administración á que se lle supón cooperación e lealdade institucional”.

Nun comunicado, Ermida aclarou que o Concello de Barreiros non recibiu en ningún momento ningunha proposta relativa a fondos europeos e a única “proposta” recibida foi “a famosa regra dos terzos por parte dunha conselleira que dixo non querer facer política coas problemáticas do ciclo da auga”. “O convenio do 2010 que a Xunta non executou liberaba ao Concello de aportación económica”, indica.

A alcaldesa explica que o convenio do que fala a Directora de Augas de Galicia non recollía Engadir novoesa regra dos terzos e que non se executou porque o goberno municipal anterior non foi quen de obter aportación ás arcas públicas dos promotores. Así, lembra que, naquel entón, o presidente Feijoo deixou claro que só se executaría se os promotores poñían cartos, asumindo a Xunta a parte do Concello, xa que asumía o 40%; a Deputación, o 20% e os promotores, outro 40%.

Con estes datos, Ana Ermida advirte aos populares de que “non poden dicir, e quedar con toda tranquilidade, que manteñen un convenio de hai 11 anos nos que o PP gobernou a Xunta e o Concello de Barreiros durante 9 deles e que quedou sen executar. Sen entrar a valorar as razóns de fondo de ter asinado aquel convenio que nunca chegou a realizarse”, afirmou.

A rexedora tamén esixiu ao deputado popular José Manuel Balseiro un “mínimo de educación e respecto” cara  quen representa á totalidade das veciñas e veciños de Barreiros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...