A poeta compostelá Berta Dávila Fernández, veciña de Santiago de Compostela, resultou gañadora do décimo noveno premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores.
Convoca o certame o Concello de Mondoñedo en colaboración coa área de cultura da Deputación de Lugo.
A autora levou o premio, cunha dotación de 1.500 euros, praca e diploma, pola obra ‘Limiar‘.
O segundo premio, dotado con 600 euros, praca e diploma, recaeu no poemario ‘Crónica bélica da devastación en cinco minutos‘, escrito por Alexandre Fernández Peón, de Pontevedra.
A lucense Laura López Esteban acadou o terceiro premio, dotado con 300 euros, praca e diploma, con ‘Renacer‘.
ENTREGA DE PREMIOS
A entrega dos premios celebrarase o vindeiro sábado, 1 de decembro, a partir das 12.15 horas da mañá no salón de plenos do consistorio.