- Advertisement -
Foz estivo presente no podio do Campionato Galego de Pista Senior deste domingo en Pontevedra.
Foi grazas ao padeeiro Xoel Docal, que completou unha máis que notable actuación no Encoro de Verducido en Pontevedra rematando en terceiro lugar.
Así, obtivo a medalla de bronce no K4 500 m xunto cos seus compañeiros Javier Benito, Marcos Cascallar e Dario Rodriguez e tamén alcanzou as finais A en K2 1000 m con Neftali Paraje en quedando en 8ª posición e no K2 mixto con Xema Alonso en 6ª posición.