InicioEconomíaOs traballadores de Alcoa San Cibrao queren a tutelaxe da SEPI ao...

Os traballadores de Alcoa San Cibrao queren a tutelaxe da SEPI ao proceso de venda

Desde o comité de empresa esperan que a entrada da SEPI poña de acordo as dúas partes durante unha negociación que se considera clave.

Publicada o

- Advertisement -

A reunión entre a ministra de Industria, Reyes Maroto, con representantes de Alcoa en EE.UU, ten pendente a toda a comarca da Mariña. Desde o comité de empresa consideran que o mellor activo para este encontro é a oferta de participación da SEPI no proceso de venda da empresa.

“A entrada da SEPI danos a garantía de non entrarmos nun fondo de especulación e que así o Estado ten controlada a venda”, sinala José Antonio Zan, presidente do comité de empresa. Esta postura busca que sexa o Estado quen fiscalice todo o proceso de negocaciación e posible venda. Ao mesmo tempo estaríase buscando un punto de encontro entre as dúas partes “porque de nada serve aceptar algo que propoña o goberno e logo non poder materializalo”. O medo sobre o que aconteceu coas factorías de A Coruña e Avilés está no aire.

Sobre unha hipotética retirada da SEPI, José Antonio Zan afirma que “oficialmente non temos nada escrito por parte do Ministerio de Industria que diga non á participación da SEPI”. O único que piden é celeridade nas negociacións porque non se pode ter en espera a toda a comarca durante máis dun ano.

NEGOCIACIÓN DIFÍCIL

Non obstante, o comité de empresa é realista e sabe que o proceso de negociación entre Ministerio de Industria, Alcoa e traballadores é moi difícil. Saben que a multinacional está afeita a negociar e chegar até o último punto. Desde a factoría de San Cibrao saben que contan coa Avogacída do Estado e coa avogacía laboral da Xunta. “Aínda que o peso laboral o levaron os avogados dos sindicatos que armaron todo o proceso”.

Preguntados sobre se sentiron como pelotas de ping-pong entre as diferentes partes, José Antonio Zan responde que “iso é inevitable, mais aquí traballouse en unión entre Xunta e Goberno en comparación con outros conflitos, todos traballaron a favor noso”. O presidente do comité de empresa destaca o traballo do TSXG o seu traballo é para poñer de relevo “tendo en conta a rapidez coa que actuou en 14 días antes de Nadal” para evitar a parada das cubas de electrolise.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...