A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña convoca una concentración diante do Centro de Saúde de Foz o vindeiro xoves 22 de xullo ás 12 horas en protesta polo desmantelamento da Atención Primaria. Esta protesta pretende dar continuidade ás mobilizacións que ven facendo desde o pasado mes de xuño diante dos centros de saúde da comarca e que responden ao lema común “ Contra o desmantelamento da Atención Primaria”.
Este colectivo sanitario ven de detectar tamén no centro de saúde de Foz eivas importantes no seu funcionamento , ao igual que está a acontecer en toda a rede de Atención Primaria da comarca e do país. “Eivas que merman considerablemente a calidade da asistencia sanitaria, malios case heroicos esforzos que realiza tanto o persoal sanitario coma o administrativo”, denuncia nun comunicado.
FALTA DE COBERTURA
A Plataforma Sanitaria da Mariña leva anos denunciando os recortes que está a sufrir a Atención Primaria , tanto en recursos materiais coma en persoal. “Situación que se agrava no verán, ao ter que substituir as vacacións duns profesionais que levan máis dun ano sobrecargadxs de traballo , dando o mellor de si mesmxs para lograr atender axeitadamente tanto a patoloxía habitual coma a urxente ou a derivada da pandemia”, critica.
Así, salienta que neste tempo o centro de saúde non recibiu ningún reforzo en ningún momento e as coberturas do persoal habitual mesmo foi insuficiente. A coordinadora do colectivo, Montse Porteiro , lembra tamén que o Sergas sigue sen cubrir a redución de xornada da pediatra e que neste servizo de pediatría este verán terán que atenderse “todas as crianzas do concello de Foz, Valadouro ,Alfoz e a demanda de nenos e nenas desprazadxs a Foz polo verán cun servizo que non existe a tempo completo”.
“A todo isto súmase a negativa por parte de Sergas para contratar persoal sanitario para atender ás persoas desplazadas, que nunha localidade coma Foz pode chegar mesmo a cuadriplicar a súa poboación, sobrecargando aínda máis ao persal do centro sanitario”, apuntan desde a plataforma.
AMBULANCIAS MEDICALIZADAS
O colectivo sanitario quere tamén incidir na necesidade de que se volva dotar á ambulancia medicalizada do segundo Técnico de Transporte Sanitario eliminado sen causa obxectiva que o xustifique, pois nesta comarca tan dispersa e tan extensa, di, precisan “dun segundo técnico que asegure a chegada no menor tempo posible a certos domicilios aos que non é posible cun solo técnico que se encargue de conducir e localizar, precisando pedir reforzo á ambulancia de soporte vital básico”.
“Esiximos tamén que se dote a este centro de saúde da categoría profesional de matrona, figura clave en numerosos momentos da vida da muller e que non solo inclúen a atención ao embarazo , parto e puerperio senón tamén a todos os momentos e eventos na vida das mulleres, mesmo a atención en enfermedades da muller invisibilizadas e minusvaloradas como a endometriose”, conclúe.