InicioOrientalRibadeoAcisa Ribadeo considera que as medidas anunciadas pola Xunta son un "peche...

Acisa Ribadeo considera que as medidas anunciadas pola Xunta son un “peche encuberto” da hostalaría

Estima que é inxusto que teña que pagar a hostalaría o mal facer da cidadanía.

Publicada o

- Advertisement -

A patronal ribadense Acisa Ribadeo non comparte as medidas anunciadas para a hostalaría pola Xunta de Galicia. A patronal considera que as medidas anunciadas só pretenden pechar “de forma encuberta” os negocios “para evitar darlle axudas”.

O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, denuncia a represión que se fai co sector hostaleiro. “É completamente inxusto que volva a ser a hostalaría a que pague o mal facer da cidadanía en xeral, os botellóns e as festas ilegais”, di. Ademais Iriarte incide en que Ribadeo é un lugar seguro, a pesar do aumento dos casos. Pon de manifesto que estas medidas o único que van facer será “xerar perdas económicas”.

Con todo e a pesar de estar en contra das medidas, o presidente de Acisa explica que as van respectar e lle van pedir a empresarios e veciños que as cumpran “escrupulosamente para saír canto antes da situación”. Pola súa parte o xerente de Acisa, Jesús Pérez, sinala que o que se debería de facer é obrigar a asistir aos cribados ou recuperar a obrigatoriedade da máscara e non poñer só medidas restricitivas á hostalaría. “É máis fácil poñer medidas restrictivass á hostalaría, que xa está resignada, que poñer medios reais e efectivos”, destaca Pérez.

O xerente de Acisa tamén denuncia a falta de concesión de axudas ás pymes e aos autónomos de Ribadeo. Finaliza que a “unica axuda real e necesaria é deixarnos traballar”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...