InicioCentralMondoñedoMondoñedo crea o primeiro museo da Mariña adicado á auga

Mondoñedo crea o primeiro museo da Mariña adicado á auga

Nel informarase sobre o sistema de canalización da cidade. O recinto elixido para a exposición é A Fonte Vella, que constituíu o princial abastecemento de auga da cidade ata comezos do século XX.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo pon en marcha a creación dun museo sobre as traídas de augas de Mondoñedo dentro do espazo da Fonte Vella, amosando sistemas de canalización dende o século XVIII ao XXI. O centro de interpretación ofrecerá tanto obxectos coma descricións e informacións relacionadas coas traídas de auga a Mondoñedo.

O novo centro de interpretación de Mondoñedo situarase no espazo interior de bóveda de canón onde se localizan as captacións de auga da Fonte Vella, sen que afecte ás captacións internas que na actualidade están canalizadas. O local ofrecerá información sobre fontes, sistemas de captación e canalización -tanto en tubo aberto coma en tubo pechado- de mananciais que se desenvolveron no século XVIII coincidindo co maior crecemento urbanístico de Mondoñedo para dar servizo a puntos importantes da vila.

O sistema de visitas a este espazo será libre de martes a domingo en horario de dez da mañá a sete da tarde, coincidindo coas horas de apertura e peche da Oficina de Turismo de Mondoñedo

A FONTE VELLA

A Fonte Vella é un dos monumentos máis emblemáticos de Mondoñedo que data da Idade Moderna cando se cambia de modo de balsa a fonte de catro canos para ofrecer un mellor servizo. Foi o principal abastecemento de auga da cidade ata comezos do século XX. É por iso polo que foi elixido este lugar para o emprazamento do museo que, ademais, estará ao pé da Rúa da Fonte, lugar onde se recuperaron uns canons do século XVIII, en pedra de granito, que son parte dos elementos que se van a colocar dentro do espazo expositivo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...